23.4.10

Mudámonos

Esta é a nova casa:
Soberanía popular
http://turzi.wordpress.com/

6.2.10

13.1.10

Comunismo VS. Consumismo (II)

Cola de persoas que agardan pola súa carta de racionamento. Vigo, xaneiro de 2010.

Comunismo VS. Consumismo?? (I)

Na Rusia moderna, atópanse dous antigos camaradas dunha asemblea comunista previa á desaparición da Unión Soviética, e despois de saudarse dille un ao outro:

-Oes, decatácheste de que o que nos dicían sobre o comunismo era todo mentira?

E responde o outro, con cara triste:

-Xa, pero o peor é que todo o que nos dixeron sobre o capitalismo era verdade...

27.11.09

OCUPAMOS!

17.6.09

Prof. Dr. Moreno Cabrera

TRACTORADA!!

YOU SHALL OVERCOME
...
e no noso partido
militan todos os defuntos
que nos poñen aínda
a bosta nas zocas,
o cheiro a argazo nos fuciños,
o trono da forxa nas orellas,
a terra que xa son nas unllas.
E as feridas de ferro
ou negro chumbo e pólvora
nos corazóns atribulados.
Darío Xohán Cabana

3.6.09

7 de xuño

1.6.09

17.5.09

Piiiiiiiiii

14.5.09

Himno?

8.4.09

Alguén sabe de que falan? en que ano? (nestes días de visitas, admítense comentarios...)

... Es difícil que la delegación haya visto un rostro con expresión de odio y tal vez admiren la ausencia total de personas analfabetas o menores limpiando zapatos en las calles. No escapará a ningún ojo crítico las filas de niños, adolescentes y jóvenes, asistiendo a las escuelas y universidades, los círculos infantiles, los hogares de ancianos, los hospitales y policlínicos con personal de salud altamente calificado, que atiende a todos los ciudadanos. En medio de la crisis económica internacional no existen colas de ciudadanos buscando empleo. Las personas que se mueven por las calles, activas y casi siempre alegres, no se corresponden con las imágenes estereotipadas ...

14.3.09

1.3.09

Día negro


Por isto, isto e por isto.

:-(

23.2.09

No comments

22.2.09

antroido e antroidadas...



boas. como vai a campaña electoral?
eu xa empapelei os autobuses e comecei coa miña campaña.
xa sabedes a quen ides votar? votádeme!!
agora en serio, o día 1º de marzo votade a quen queirades, pero non quededes na casa.
outro tema: este ano seica comezou antes o entroido.
por que o souben? por cousas que aparecen nestes vídeos.
é mellor rir: a cousa évos triste.
despois duns días de paseo, relax, augas termais e concerto de música clásica veño de ler un pouco a prensa e hai dúas cousas que me gustaron:
1. que fará con respecto ao idioma o teu partido político se goberna?
2. o xenial artigo de Xabier Cordal.
pois iso, que está mal visto ir cun disfrace de vaca (anque sexa no antroido).
BO ENTROIDO!!

30.11.08

Nace CASTurzi

O podcast máis directo. Polo que levabas agardando tanto tempo.
Hoxe, día 30 de novembro, marcará un antes e un despois no mundo do podcast.
E para aquelas de vós que aínda non sabedes en que consiste... déixovos algunhas ligazóns interesantes para mergurllarvos no mundo do podcast:
Podgalego

Como facer un podcast

Aquí, na barra lateral da dereita podedes ouvir o primeiro CASTurzi.
Espero que vos guste.
Saúde e Podcast!

18.11.08

13.11.08

13 de novembro de 2002




Non debemos esquecer.
Saúde e Mar!

31.10.08

Boicot a Amancio Ortega

Claro, se era o que faltaba para o bingo.
A entrevista da SER é a Covadonga O'Sheaá, autora do libro Así es Amancio Ortega.
Ten xoias como: "para que serve estudar matemáticas en galego", "para que serve o galego"? ou "o importante é unir e non desunir".
Ouvide, ouvide como arden! Está contra o final da entrevista.
BOICOT a INDITEX, ZARA e á Monarquía.
A fin de semana imos traballar a Heidelberg.
Xa vos contarei.

21.10.08

?????

15.10.08

Contra a pobreza

(A foto é de Rober)

13.10.08

De novo, ASASINATOS

Festiclown e Pallasos en Rebeldía denuncian o masacre contra campesiños en Chiapas

O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, e o colectivo galego Pallasos en Rebeldía, queremos denunciar o último masacre que a violencia militar do goberno mexicano deixou nas comunidades do Estado de Chiapas. Foron 6 campesiños mortos e 17 feridos o resultado dun novo episodio de violación dos dereitos humanos acontecido en territorio rebelde mexicano por efectivos do goberno.

O pasado 3 de outubro, na comunidade de Miguel Hidalgo (Chiapas) realizouse un operativo policial no que participaron efectivos policiais estatais e federais contra os indíxenas que ocupaban o centro arqueolóxico de Chinkultic. A acción remóntase ao pasado 7 de setembro, cando poboadores de Miguel Hidalgo “se apoderaron” da administración da zona arqueolóxica Chinkultic porque consideraban que o Instituto Nacional de Antropología e Historia (INAH), controlado polo goberno federal, no lle estaba a dar mantemento adecuado e usufructuaba excesivamente o sitio sen que iso xerase beneficios para as comunidades da zona.

Como resultado desa acción foron asasinados seis campesiños, dezasete acabaron con feridas de diversa consideración e trinta e sete máis foron detidos. Xulgamos que a privación arbitraria da vida e da integridade persoais son claras violacións aos dereitos humanos perante os cales non poden quedar calados os cidadáns de ningún lugar do mundo.

Solicitamos a toda a cidadanía, e a todas as persoas que durante estes 8 anos de Festiclown se solidarizaron cos pobos indíxenas de México e coa causa zapatista, que neste momento de grande perigo para a poboación civil de Chiapas esixan ás institucións que se poñan do lado dos dereitos humanos e que presionen os gobernos de Felipe Calderón e Juan Sabines. Non podemos consentir que se volva repetir o xenocidio indíxena que viviu Chiapas ata o levantamento zapatista, así como aconteceu nos primeiros días do 94 e no terrible suceso de Acteal no 97, entre outros tantos acontecidos tamén no que vai de ano.

Neste sentido, nos últimos meses, son recorrentes as intervencións armadas contra a poboación indíxena, que se resiste a abandonar sen máis a terra dos seus antepasados diante das desproporcionadas esixencias do goberno mexicano. As detencións sumarias, asasinatos ou encarceramentos están á orde do día.

Nestes intres, comunidades enteiras están baixo a ameaza da violencia militar e paramilitar dirixida polo goberno da república e do estado por cometer un único crime: o de loitar pacificamente por un mundo máis xusto onde a cor da terra tivese o seu sitio e o indíxena non fose un refugallo humano do que a globalización puidese prescindir.

O Festiclown, que traballa en Chiapas desde o seu inicio, colaborando grazas á solidariedade dos galegos e das galegas e do resto da xente que acompañou este proxecto, solidarízase unha vez máis coa poboación indíxena e colócase ao carón dos que menos teñen e que máis achegaron nos últimos 14 anos á democracia global. Por este motivo, solicitamos dos medios de comunicación e de toda a xente que reciba esta mensaxe que se fagan eco da denuncia e que non abandonen as comunidades ante as agresións que están a sufrir nestes momentos.


Festiclown e Pallasos en Rebeldía

8.10.08

...

18.9.08

Estamos aí!

14.9.08

Alá imos!

21.7.08

7.7.08

Lobos con pel de... lobos!

Por se alguén aínda tiña dúbidas...
Sonche os que son. E non se agochan. Dixérono así. Logo dirán que non están politizados...
É perfecto que asinen manifestos, pero non é o Manifesto, nin tampouco este.
En fin, unha mágoa o de Óscar Pereiro.
Este ano haberá que ir con Evans ou con Ricco.

24.6.08

Para quen lle interese...


Mágoa non podermos ir...

23.6.08

Entrevista en EL MUNDO

Pareceume interesante o tema:
Mirade esta entrevista.
Contra os aditivos, cociña tradicional.
Bo proveito!

11.6.08

Concerto de THE HOMENS en Tübingen

Mañá, xoves, 12 de xuño, THE HOMENS tocan en Tübingen.
O concerto organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Tübingen será ás 21 h. en Die Kelter, un dos mellores locais da cidade.
The Homens están de xira por Europa e veñen de tocar en Trier.
Este é o cartel:


Vémonos alá.

25.4.08

25 de abril, SEMPRE!


Nun día coma este non podía deixar de dicilo:
VIVA O 25 DE ABRIL!
VIVA A REVOLUCIÓN!

13.4.08

14 de abril

11.4.08

Contra o feixismo

Sexa como for, con Guillem e con todas as vítimas da barbarie.

9.4.08

De volta á loita


Dende a tumba do Ché á casiña.
Aquí estou outra vez, para seguir coa loita de cada día. Non hai neve, pero vai fresquiño. Ando algo canso, pero será da viaxe. A cidade parece tranquila. Non se move nadiña. Todo está igual a como o deixei. Toca traballar.

9.3.08

Día de eleccións

27.2.08

Epístola sobre as eleccións do causante desta bitácora

Benqueridas lectoras desta humilde bitácora:
O vindeiro 9 de Marzo, nas eleccións de España (lembremos que non son municipais nin nacionais), algunhas persoas iremos votar e escolleremos o que consideremos.
A nivel persoal, eu propoño o voto nulo, voto "Mickey Mouse",
voto "Shinchan" ou outro semellante porque "Goberne quen goberne, Galiza non se vende".
Dende logo, creo que nin o BNG nin os outros partidos que se presentan desta volta defenden a independencia de Galiza, unha sociedade máis xusta, a desaparición de ricos e pobres, nin a República Galega... Desta vez eu non votarei o menos malo.
Creo que é importantísimo que vaiamos votar para que se vexa que participamos e cada unha de nós votará o que lle prouguer. Eu, dende logo, non votarei PSOE nin BNG, nin PACMA (pretenden que desaparezan as matanzas do porco e que comamos SÓ vexetais) nin calquera dos outros 15 partidos que se presentan na provincia -até cando esta división artificial?- de Pontevedra, aínda que como se di por aí, tampouco non quero que gañe o PP.
Saúde e Pobo (que é quen máis ordena).
"GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE"

20.2.08

25.1.08

Os palanganas en Vieiros


Hoxe saímos os Palanganas en Vieiros.
Haberá que coller os paláns e comezar a adestrar.
Preparádevos, os Palanganas imos tomar o poder na Conferencia Sur.

22.1.08

Próximo obxectivo. Marzo 2008.


Aló estaremos. Saúde.

16.12.07

UN EXITAZO

Ou iso dixeron uns e outros...

13.12.07

Ouvir para crer...

Escoitade a Carod falándolle en galego a Rajoy (hai uns meses). Hoxe Zapatero díxolle: "Chama a atención que un presidente do goberno que é de León teña unha posición cara ao galego máis favorábel que a dun líder da oposición que é de Galiza. Isto si que é sorprendente". Seica hai eleccións en marzo, non é?
.
Por aquí andamos a ultimar os preparativos para o simposio de mañá sobre Rosalía de Castro.
Xa vos contarei como sae...

14.11.07

Vaia país... que teñen algúns

Boas! Hai moito que non escribo nada por aquí.
Hai moitos temas dos que falar, pero non sei se paga a pena porque o único que consigo é enrabearme e facer que me ferva o sangue.
Vou facer coma un sabio que coñezo, que mentres estaba en Alemaña tentaba non ler NADA desas terras do sur para vivir máis FELIZ.
Que vou dicir eu sobre as saídas de ton (xa vai para os 70 anos, para cando a xubilación) de El-Rei de Hespaña? Matou a seu irmán cando tiña 18 anos (non é mentira! pero non foi ao cárcere, non ho!) é herdeiro do Innomeábel, e cos anos non só non mellora, senón que se volveu máis autoritario e maleducado aínda.
Por certo, se mesmo estes o aplauden, imaxinade!
E do resto? Máis do mesmo! Non paga a pena. Ben, o sábado 24 haberá Asemblea das Redes en Allariz. Que non todo vai ser deles.
Veña, falando de cousas ben máis interesantes:
Aquí xa neva. Vai frío (tamén). Pero estase ben.
Chegou o inverno e, con el, a vida máis caseira, os mercados de Nadal e o viño quente (non perdedes nada) e as rúas cubertas de neve... esas paisaxes bucólicas dos contos dos irmáns Grimm.
Por certo, hai FOLGA DE TRENS. Quen viaxa nestes días, que ande atenta.
E nós, preparando un Simposio sobre Rosalía de Castro para o 14 de nadal con actuacións importantes...
Xa vos contarei.
Até outra.

1.10.07

A RÍA É NO-SA E NON DE RE-GA-NO-SA

Así estamos. De volta en Suabia dende hai unhas semanas, pero cheíño de traballo. Tantas cousas por facer... en fin. Moitos proxectos interesantes, traballo, cursos de alemán, tese, organizar congreso, descansar, mercar unha bici, feira do libro de Frankfurt, preparar aulas, encontro en Trier, charla en Compostela... xa imaxinades!
E leo que por alá, todo segue máis ou menos igual...
Tou canso. Xa falaremos.

18.7.07

Para aqueles aos que non nos aguanta o pan no corpo...

Non puiden ir ao 3º exame das opos.
Era hoxe, e estou a 2000 quilómetros de Pontevedra.
Outro ano será.
Agora, de festa en festa... e tiro porque me toca.
Esta hin de semana, FESTA DA DORNA: este ano non nola podamos perder. Festa importante e ghrande onde as haxa. Ouvide o que din no Himno (versionado polos Diplomáticos de Monte Alto) "que non se sabe no mundo doutra festa máis rachada".
Despois, o 25 a Compostela (manifa unitaria de Causa Galiza).
E o 29 á Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña. Se aínda non te apuntaches e queres vir canda nós, avisa, que aínda hai sitio.
Auf Wiedersehen!

20.6.07

O mellor que lin ultimamente...

He he he!
Eu tamén asinarei na súa páxina.
Así non hai xeito.
E se ledes os comentarios, veredes que corren malos tempos para a retranca.
Apertas fondas, case en Galiza.

9.6.07

A prepararmos as oposicións...

Despois de voltar da viaxe a Galiza (non sei se está ben que o digamos, pero cremos que foi un éxito) toca traballar algo. Entre o 21 e o 28 andaremos outra vez por Vigo.
Como non temos moito que comentar, podedes ir vendo algunhas cousas interesantes, que xa sabiamos.
Xa vos contarei máis dende a Terra.
Apertas a mancheas!

11.4.07

Hellas

Xa estamos na casiña. Despois de 21 días en Grecia, agora a volta á normalidade, ao traballo... o de sempre! Pasámolo ben. Corrixo: pasámolo moi ben. A viaxe estivo moi ben, pero estamos moooooooi cansos. Foi todo perfecto. Algo de sol, unha pouca chuvia en Atenas, moitas pedras a medio caer. É incríbel o que debeu ser Grecia. Non tivemos tanto tempo como nos gustaría e só puidemos ver Atenas, algunhas illas Cícladas do Exeo (Paros, Naxos, Santorini), Creta e outra vez Atenas.

Hai tanto que contar... Chegamos a Atenas, o día 21 e comezamos a decatarnos da verdadeira utilidade das clases de matemáticas e física na EXB e no Bacharelato: serven para aprender a ler. Era tan divertido descifrar as mensaxes! Pasamos catro días nun albergue de Pangrati, no centro ateniense. Despois, dende O Pireo (espectacular porto, cheo de mariñeiros, enormes barcos e tabernas marabillosas) collemos un barco cara a Paros, unha fermosa illa perdida no Exeo. Foi xenial porque aínda non había turistas. Estaba case todo sen montar, era como un inmenso parque de atraccións antes de abrir: andaban a pintar, arranxar casas e preparar todo para as seguintes semanas (aínda era marzo). Dende alá fomos a Naxos, que é algo maior, pero aínda moi manexábel. Cando chegamos veunos esperar ao peirao un señor co seu 4x4 para levarnos á Pensión onde durmimos. Mentres iamos de camiño explicounos que a manifestación que había contra a ampliación do porto de Naxos (aprox. 8123 habit.) era cousa de "catro idiotas que non teñen nin idea de nada". Logo de deixar as cousas no apartamento baixamos ao peirao para unírmonos á mani cos milleiros de estudantes e señoras de rigoroso loito que tamén o facían. Estas illas gustáronnos moito. E logo, outro barco a Santorini. (Tranquis! O noso barco non era o supercruceiro que afundiu. Nós fomos cinco días antes.) Santorini é precioso, pero xa se vía máis orientado cara ao turismo. Foron tres noites e durmimos en tres sitios diferentes: no coche que alugamos, nunha pensión e nun apartamento. Creo que despois de bañármonos nas supostas "augas termais", ao pé do volcán que máis recentemente entrou en erupción en Europa, estabamos preparados para calquera cousa.

Collemos un barco (este foi un catamarán superrápido que ía polo aire -literalmente- en moitos momentos) e que nos deixou en Creta un par de horas despois. Creta é unha señora illa. Vimos as tres cidades principais (Héraklion, Rethymnon -non confundir con Ratibrón- e Hania). MOI MOI BONITAS! Tamén baixamos cara ao interior da illa, e na costa sur. Bañámonos no Mar de Libia, vimos a Garganta de Samaria e unha praias espectaculares de postal. Despois, o venres santo pola noite collemos un ferry enooooooooorme que nos levou de volta ao Pireo. Paseamos por Atenas (xa case unha vella coñecida) e comemos moi ben. Logo despedimos ao señor que marchaba para Berlín e fomos ao aeroporto para, ao día seguinte, coller o avión até Stuttgart.

Xa vos informarei da saída da Guía Plaza (primeiro na rede e logo en papel) onde aparecerán os lugares máis baratos e onde mellor se come no mundo coñecido.

Agora toca pórse a traballar, que nesta semana teño que rematar a preparación da excursión a Galiza. Imos estar de paseo por aí entre o 26 de maio e o 2 de xuño. Xa vos contarei como sae todo. Iremos pensando no vindeiro destino (Francia, China, Rusia... quen sabe?).
Apertas e bicos a mancheas!

p.s.- Déixovos dúas imaxes significativas (non sei se demasiado turísticas ou non) da viaxe: unha foto da mani en Naxos contra a ampliación do peirao e outra do sábado á noite no aeroporto.



20.3.07

Alá imos!!!

Mañá saímos de viaxe. O xoves estaremos aquí.


Logo baixaremos polas illas, até Creta.

Queremos ver moitas cousas, pero non sei se haberá tempo para todo.

E despois, seguramente veremos isto:
O teatro de Epidauro, un dos máis antigos da Historia.


Xa vos contarei como foi.

11.3.07

TCD - Intervención en Rede

Naceu TCD - Intervención en Rede, a nova sección de artigos de Opinión e Intervención das Redes Escarlata.
Longa vida ás REDES!

8.3.07

Chegou a hora do porco!!!

Boas! Ultimamente andamos algo desconectados. Despois de estar de volta na Terra uns días, pasamos por outras terras para saudar os amigos, compartir bos momentos, e outros moi malos (p. ex. deixar un ordenador para que alguén -sen saber moi ben quen será- traballe nas nosas aulas, na nosa tese de doutoramento, no vindeiro curso ou no que lle pete. Por certo, os Mossos d'Esquadra só precisan o nivel B de catalán para entrar no corpo.
Foi un golpe duro, porque había moitas cousas preparadas, o traballo de case dous anos alí metido pero... en fin, pouco e pouco espero ir recuperando o material. (S.O.S.: se tedes algo que me pertenza ou que credes que me pode interesar, mandádemo).
Despois fomos visitar a Ariadna a Girona e aproveitamos para mercar unha destas.
Na foto vedes o tema principal do "Landeskunde Galiciens: o Porco", é dicir, o curso que comezo en abril. Ese da foto parece un auténtico porco celta de raza (non vos riades, que seica hai moita diferenza duns para outros). Xa vos contarei máis detalles sobre os porcos...
Outro tema: xa case temos a mochila preparada para a próxima expedición. Trátase de ver unhas poucas pedras (tantos anos e aínda non as recolleron!) e descansar unha miga nesas praias. De hoxe en quince días voamos para aló e, imitando a Ulises, chegaremos a Ítaca?
Saúde e PORCO CELTA!
p.s. Rober, aínda que non a precisas, deséxoche moita sorte para o domingo. Vai tranquilo, que outros ben peores aprobaron. Avísanos cando aprobes para que che fagamos unha visita por esas Illas.

12.2.07

CONTRA O FASCISMO, SEN DÚBIDAS!!

Nesta semana solidarizámonos con quen loita contra o fascismo. Esta semana vano xulgar por acusar a uns fascistas de Cerdedo de asasinar a uns veciños seus. Na páxina das Redes Escarlata podedes ler máis... Con Dionísio Pereira.


p.s.- A petición de Anxo, póñovos aquí unha foto do Neckar (ao fondo, como ben sabe Anxo, está a Torre de Hölderlein, onde viviu e escribiu ese señor...). Apertas fondas e deica o domingo!

11.2.07

OLEGUER

Máis do mesmo. Este é o "polémico" artigo de Oleguer Presas, xogador de fútbol do Barcelona. A polémica, polo visto, está en dicir que existe a Pena de Morte ou a Cadea Perpetua.

DIMECRES, 07/02/2007 - 06:00h
La bona fe
De Juana Chaos ha passat els últims vint anys a la presó. Reduïda pels beneficis penitenciaris que preveia la legislació anterior, s’havia computat i establert una condemna de divuit anys pels crims que va cometre. Tot i així, continua en presó preventiva, pendent de la resolució definitiva del procediment obert pel contingut de dos articles publicats al diari Gara. L’Audiència Nacional espanyola considera que, amb aquests articles d’opinió, De Juana Chaos ha comès delictes d’amenaces terroristes i l’ha condemnat a dotze anys i mig més de presó. Com a protesta per aquesta decisió, De Juana Chaos ha optat per fer vaga de fam fins a les últimes conseqüències.

L’estat de dret (com tantes vegades ens repeteixen com si fos una campanya publicitària) no preveu la pena de mort ni la cadena perpètua. De la mateixa manera continua prohibint l’eutanàsia. Em guiaré per la bona fe i suposaré que l’estat de dret no ha deixat de confiar en les seves lleis i continua no volent aplicar la cadena perpètua o la pena de mort. Guiat per la mateixa bona fe, consideraré que els motius polítics no fan que l’eutanàsia sigui legal. Suposaré, també mogut per la bona fe, que el contingut dels articles que ha publicat De Juana Chaos és prou explícit i clar per a mantenir a la presó una persona en risc de morir. M’agradaria pensar que, a l’estat de dret, hi ha llibertat d’expressió i que, en aquest cas, així com el d’Egunkaria o el de l’actor Pepe Rubianes per esmentar-ne alguns, hi ha indicis suficients per a processar els responsables (en cas contrari, tothom ja hauria aixecat el crit al cel, com és costum, quan hi ha episodis de falta de llibertat d’expressió lluny d’aquestes contrades, posem per cas al Marroc, a Cuba o a Turquia). La bona fe m'impulsa a pensar que a l'estat de dret la justícia és igual per a tothom, que no hi influeixen les pressions polítiques i que realment hi ha independència judicial; que les declaracions del ministre de Justícia, López Aguilar, en què afirmava: 'el Gobierno construirà nuevas imputaciones para evitar dichas excarcelaciones', referint-se al cas de De Juana Chaos, no han influït la sentència judicial.

Algú deia: Fets, no paraules. Doncs en David Fernàndez, al seu llibre 'Cròniques del 6 i altres retalls de la claveguera policial', ens informa dels fets següents: l’ex-general de la guàrdia civil i membre destacat dels horrors d’Intxaurrondo, Enrique Rodríguez Galindo, fou condemnat a setanta-cinc anys de presó per l’assassinat de Lasa i Zabala i tan sols en va complir poc més de quatre perquè al·legava problemes de salut. Julen Elorriaga també va ser excarcerat per motius de salut; condemnat a gairebé vuitanta anys de presó pels mateixos fets només ha complert un 3% de la condemna. De la Rosa, després d’estafar tot Espanya, gràcies a una depressió pot gaudir d’un generós règim de tercer grau. Rafael Vera, després de ser condemnat a deu anys de presó pel segrest de Segundo Marey, reivindicat pels GAL, només va passar vuit mesos reclòs per aquella causa... En David, al seu llibre, parla bàsicament de tortures i torturadors, de com la justícia mostra diferents graus de severitat segons l’acusat, de com funciona la maquinària informativa per criminalitzar determinades dissidències, de com la policia crea les proves necessàries per a imputar algú quan interessa políticament, com el govern no vol escoltar els informes del Relator Especial per la Qüestió de la Tortura de les Nacions Unides o d’organismes com Amnistia Internacional, que asseguren que en aquest estat de dret es tortura.

Però també resulta, ara, que la fiscalia de l’Audiència Nacional demana l’arxiu del cas Egunkaria: no hi ha proves. Resulta que el novembre del 2004 el Tribunal d’Estrasburg condemna l’estat espanyol per 'no haver investigat' les tortures denunciades, dotze anys abans, per disset independentistes catalans; calia fer callar les veus discordants durant els Jocs Olímpics. Resulta també que, el novembre del 2005, Zapatero indulta quatre policies locals de Vigo, inhabilitats i condemnats en ferm a dos i quatre anys de presó per haver apallissat, insultat i vexat el ciutadà senegalès Mamadou Kane. I resulta que Aznar havia fet igual el desembre del 2000: catorze agents condemnats per tortures (un d'aquests reincident), indultats.

I resulta que... Estic fet un embolic. Massa sovint aquest estat de dret té parts fosques que em fan dubtar. Tot això fa pudor d'hipocresia. I tanta hipocresia fa que se t'esgoti la bona fe.

** Aquest article es publica avui al setmanari ‘Directa’ dels moviments socials, d'on Oleguer Presas és col·laborador habitual.
Simultàniament, es publica també al diari basc Berria i a VilaWeb.

25.1.07

A neve chegou a Tübingen

Saúde e bon ano para todas!
En Tübingen chegou o frío e, canda el, a neve. Non vos preocupedes, que o furacán da semana pasada (no Sur) non foi para tanto. No norte foivos outro cantar. Así pois, cando queirades vir de visita avisade con tempo, que seica aos avións lles custaba despegar a semana pasada.
Estamos baixo un bonito manto de neve, pero iso non impide que teñamos listos os zocos de madeira (mirade a foto) para comezar os nosos adestramentos cos membros da Primeira Selección Alemá de Billarda. Adiántovos que, se todo vai ben e os camaradas da LNB o permiten, se enfrontará á Auténtica (Selección Nacional Galega de Billarda) a comezos do mes de maio de 2007. Collede o palán e preparádevos para vivir a emoción a pé de pista.
Polo demais, seguimos co noso traballiño (que non é pouco) e non hai moitas novidades. A semana pasada (os días do furacán) estivemos en Ulm (a cidade onde naceu Einstein e que ten unha catedral coa torre máis alta do mundo) e logo fomos até München (a capital de Baviera). Pasámolo moi ben e Carlos pódevos contar máis.
Veña, outro día máis (e se se pode mellor).
Seguireivos informando.
Apertas fondas,
AITOR

20.12.06

Billarda, Selección, androllas e Feliz 2007

Boas! Case tres meses despois da última vez que escribín algo aquí (e é que ando moi ocupadiño neste semestre) só quería mandarvos un saúdo a quen ledes a bitácora e contar o meu plan para estes días:
22: voo á casiña. ver aos familiares e amigos de preto.
23: mercar algunhas cousas e ensaio da Charanga pola tarde.
24: tradicional xantar de Noiteboa e Noiteboa (á noite).
25: nadal.
26: descanso e ver máis amigos.
27: xuntanza seria en Compostela.
28: partido da Selección.
29 e 30: dar unha voltiña pola terra e ver se comemos unhas androllas.
31: rematar o ano ben.
1: tradicional concerto de Aninovo e concurso de saltos.
2... e despois, uns días de relax, antes do día 9.
Logo voltamos á nosa casiña.
apertas e feliz ano.
"Que os ventos nos/vos sexan favorábeis".

26.9.06

NON AOS ATENTADOS!

En desagravio dos canteiros Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados no 36 por arelaren vivir con dignidade e liberdade.

Caifós escainaron coma lumias acalmadas por escurias dangres
Oreta degranxo repulu escarriou no mouto e nende goreaba
Nende se entalxía xambrear a orela repula no mouto de raula
Samarúa abatida da toa estafeira xarou a oreta repula que escarriou
no mouto de raula
(...)
Encatifo aquives oreta dos imes vixos no curruño do arxina xompaina que
estafaron humáns bixairos.

Reloxios racharon coma farois golpeados por mazas grandes
Auga moi fría naceu no monte e non cantaba
Non se escoitaba escorrer a auga fría no monte escuro
Compañeira silandeira da túa morte foi a auga fría que naceu no monte escuro

(...)

Boto aqui auga dos meus ollos na lembranza do canteiro
compañeiro que mataron homes covardes.

Poema bilingüe (verbo dos arxinas / galego) que Xosé Luis SANTOS CABANAS lle dedicou a Constante Liste, "arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro de estafamio de 1936" (canteiro e tenente de alcalde de Teo, asasinado tamén en 1936).

CONDENAMOS o duplo atentado de Pedre (o do 12 de agosto e o de setembro) contra o monumento dos canteiros cenetistas Francisco Arca e Secundino Bugallo e manifestemos a nosa solidariedade coa Asociación Etnográfica e Ecolóxica de Terra de Montes "Verbo Xido".

TAMÉN condenamos o acto vandálico contra o monumento a Manuel María en Monforte.
Preferimos pensar que non se atentou contra un escritor nacionalista no seu cabodano e que se tratou dun simple acto vandálico contra unha estatua porxente que faría o mesmo se atopara por diante a estatua -se a hai en Monforte- do falanxista Mouro Mariño "Medalla Castelao" da era Fraga.

O segundo cabodano de Manuel María foi lembrado en Monforte de Lemos cun atentado: un grupo de descoñecidos destruíron unha parte do monumento de homenaxe ao poeta, construído e metal e situado nunha céntrica praza da cidade.
O atentado ocorreu na madrugada do domingo pasado e é xa o segundo que sofre o monumento na súa curta vida: foi inaugurado, precisamente, o tres de agosto.
O atentado cinguiuse á peza máis vulnerable do conxunto e, tamén, a de maior poder simbólico: a cadeira baleira que hai fronte á escultura de Manuel María, reflectido polo seu autor, José Antonio Ferrer, sentado arredor dunha mesa, tal e como quedou gravada a súa imaxe na memoria da cidade, onde o poeta foi -ademais de procurador- un famoso libreiro cunha pequena tertulia tras os libros do seu estabelecemento, denominado Xistral.
A cadeira baleira, que agora semella unha banqueta, foi concibida polo seu autor, precisamente, com unha invitación a sentar de novo ante Manuel María como se as súas concorridas tertulias regresasen á cidade.
O primeiro atentado contra o monumento do poeta, vinculado desde a ditadura franquista ás reivindicacións nacionalistas, tivo lugar o dez de agosto, só sete días despois da súa inauguración, á que asistiu a súa viúva, Saleta Goi.
Daquela, o atentando cebouse tamén na cadeira, que apareceu arrincada da súa base.

20.6.06

QUE A TERRA CHE SEXA LEVE, CAMARADA

Na memoria de Fernando Pérez.

23.5.06

Solidariedade coas lectoras/es oprimidas/os

Só quero mostrar o meu desacordo co trato que a SXPL lle está a dar a algunhas lectoras de galego polo mundo adiante.
Mirade, o que pasa por aí.
Saúde e Traballo!

11.5.06

AGARDÁMOSVOS ALÁ!!



As Redes Escarlata celebran en Lalín, por terceiro ano, as xornadas que naceron co nome "Un debate, mil repúblicas". E un ano máis o nome axústase ao que estas xornadas queren ser, que ten moito que ver co que queremos ser as Redes Escarlata: un espazo virtual e real de intervención, un xeito de pensar, e de actuar, no que se demostra que son falsas as fronteiras fabricadas para separar a política e a cultura. Con iso ten que ver o lema escollido para esta edición de 2006 é "Okupar o saber, okupar o lugar".

Durante este sábado día 13 de maio hanse analizar os máis diversos aspectos, para as Redes Escarlata varias caras dun mesmo proceso, desde os modelos de acción para protexer os espazos naturais contra o encoro de Itoiz, en Nafarroa, até algunhas destacadas propostas de acción social (co colectivo de presos, contra a precariedade laboral, sobre a cuestión do xénero no mundo da cultura). Os colectivos autónomos de varias cidades (Ourense, Barcelona, A Coruña e Compostela) expoñerán tamén o seu labor organizativo e as dificultades ás que se enfrontan nun espazo urbano cada vez
menos aberto á participación.

E precisamente como alternativa á privatización do coñecemento afondaremos nas posibilidades do traballo en rede e do software non sometido á ditadura das grandes compañías informáticas. Nomes coma os de Rober Bass, Rebeca Iglesias, María do Cebreiro, Carlos Dias -e outros ben coñecidos fóra do ámbito nacional- son a garantía dun debate aberto e, desgraciadamente, tantas veces ausente dunha oferta sociocultural coutada por consignas partidarias e por intereses publicitarios. A xenerosidade dos e das participantes abrirán a porta a outra cultura e a outra sociedade posibles.

As Redes Escarlata queren das as grazas a Cooperactiva de Compostela pola súa desinteresada colaboración na posta en marcha deste acontecemento.

Esperamos que todas as persoas interesadas acudan este sábado a Lalín. As xornadas están sempre abertas ao debate e á participación do público.

Moitas grazas.

10.5.06

En Vigo (ou onde esteamos) tod@s somos do METAL



Boicote ao FARO (dos de sempre) e á VOZ (do teu amo).

16.3.06

De avión en avión e de país en país...



Moitos coma estes nas últimas semanas.
Febreiro: Stuttgart - Barcelona e Barcelona - Stuttgart.
Marzo: Stuttgart - Sardeña e Sardeña - Stuttgart...
Marzo e despois: Stuttgart - Paris, Paris - Bos Aires, Bos Aires - Paris, Paris- Stuttgart, Stuttgart - Berlín, Berlín - Stuttgart... en fin!
Creo que me vou facer amigo do señor d'A Terminal.
Xa vos contarei á volta, en abril
Saudiña e sentidiño!

14.1.06

FELIZ ANO!

esperemos que 2006 sexa mellor ca 2005!

28.12.05

Agardamos que todo sexa unha "inocentada" dos Aduaneiros...

Mañá, a estas horas, estaremos con Galiza, e cos amigos en Compostela!
Por certo, o resultado polo que aposto é Galiza 3, Uruguai 2.

Agora tocoulles aos ADUANEIROS...



Até cando?
Xa estamos fartos de ver:
INTERVENIDO GUARDIA CIVIL.
Independencia e Socialismo!

19.12.05

Para algúns, Vigo xa é a capital da provincia...

Se estes se deixasen de caralladas provinciais propias do XIX e se dedicasen a informar, mellor lles (nos) iría.

17.12.05

Para que algúns vaian aprendendo o Himno enteiro...

"(...)
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán."

Así sexa! Vémonos o 29 en San Lázaro!

24.11.05

www.manisdixital.com

Parabéns, camaradas!!
Acabo de ouvirvos na RG. Moi ben, subistes o nivel cultural da Radio.
Apertas,
AITOR

20.11.05

20 - N: 30 anos despois.

NON ESQUECEMOS!

15.11.05

7.11.05

De onde eran os traballadores...?

D.E.P.
Coma sempre, tócanos o peor...
Cinco portugueses e un galego.

4.11.05

Contra o valado da morte


(non precisa comentarios...)

1.11.05

Non no meu nome

Por favor, que o Sr. Pérez Touriño non o faga no meu nome.
Eu non lles dei permiso para que falen no meu nome.
Sabemos que a Leonor non lle vai faltar ren.
Pagarémolo nós.
Outras/os seguirán morrendo de fame...

31.10.05

De maior quero ser...

CAMPANEIRO! Téñoo decidido. Despois deste curso breve e práctico de campaneiro, só teño que atopar unhas boas campás e practicar un pouco máis.
Preparádevos cando chegue o campaneiro...

18.10.05

Tortilla e máis...

Ola! Como vai todo? Por aquí seguimos con sol e calor. Aínda estou a facer algunhas compras, pero teño case todo. Merquei un pingüino-flexo bastante divertido. Tamén teño vasoira e recolledor e cubo do lixo. Non falta case nada.
Sábado fomos a unha festa a casa de Philipp (un profe suízo bastante noviño) que nos convidou para inaugurar o seu piso. Estivo ben, pero contra as dúas da mañá xa estabamos na casa.
Esta foi a tortilla que levei para compartir. Gustou bastante! (Eu case non a probei).
Domingo estiven en Reutlingen porque a Sra. Strumps (unha mexicana que é profe de español) me convidou a xantar. Estivemos a traballar case toda a tarde. Logo volvín á casa e estiven a escoitar música e a ler. Preciso algúns libros máis xa!!!
Onte, luns, estiven a preparar o meu pequeno texto para mañá. Pasei o día enteiro a traballar niso e a procurar un curso de alemán económico.
E hoxe foi a presentación dos cursos para os "caloiros" e os profes tiñamos que contar algo (moi breve) sobre as nosas aulas. Falei alemán, apenas un par de liñas, mais conseguín falar. Seica lles gustou. Había moitísimos estudantes, máis ou menos, e 40 profes. "Ich bin Aitor. Ich bin der Galicisch Lektor und lade Euch ganz herzlich ein, an meinen Kursen teilzunehmen. Bis bald!" Logo traducino ao galego.
Polo demais todo segue igual. Agora teremos festa cos profes todos.
Biquiños e apertas a mancheas!
Ah! Déixovos unha foto da miña nova compañeira polas mañás e as noites. Velaí está! Fermosa, verdade?

15.10.05

Viaxe rápida!

Boas! Este sería o percorrido que tería que facer para poder estar manná... Ollo! O percorrido ten ida e volta. Palanadores do mundo, unídevos!
Sorte para todos, moito ánimo e forza Palán-Ganas!!!
Apertas fondas,
p.s.- Sígovos pola radio galega!

13.10.05

Máis de PacoLAndia

EXAME DE MEMORIA:
"Galicia ve por fin recoñecida a súa realidade nacional; por primeira vez en moitos séculos o pobo galego vai contar co seu propio órgano de autogoberno, a Xunta... Para os que defendemos o dereito de autodeterminación, e dentro del cremos que un estado federal é a alternativa aos dereitos de Galicia e aos problemas de España, sen romper a súa unidade, esta Preautonomía é un paso, pero cre que é tamén a posibilidade de logralo nun futuro inmediato."
1ª pregunta: Quen escribiu este texto?
a) Francisco Vázquez.
b) Manuel Fraga.
c) Outro fascista calquera.
A resposta é "LA".

11.10.05

Se lle proe, que se rañe!

Aínda no estraxeiro, indigna ler cousas deste señorciño.
O da bandeiriña é unha teima persoal do ghicho este.
En fin, nos seguiremos apostando polo deporte bravo.
Apertas,
Turzi
p.s.- aínda non conseguín bici, mais xa teño un número de teléfono alemán.

10.10.05

Os Palán-Ganas xa teñen camisola oficial!!!



Esta será a camisola oficial dos Palán-Ganas. Aínda non se sabe cando se poderá estrear, pero agardamos vela sempre nas mellores pistas de billarda do país.
Apertas e moita sorte para o día 16!!!
p.s.- Por aquí, moito sol e comezo a traballar.
Alégrome de que cheguen as choivas pola Terriña.
Saúde e Auga!

8.10.05

Tübingen, día Primeiro:

Non sei por que, pero creo que me vai gustar isto!!!

Imos polo principio: espertei ás 6.30 h. da mañá (e ben sabedes que iso é moito madrugar para min) para deixar o coche de aluguer que colleramos en Bilbo para facer a mudanza de Isaac para Vitoria-Gasteiz.

Chegamos con tempo abondo para coller o avión. Paguei 30 € polo peso extra da equipaxe que levaba porque lle debín caer ben á rapaciña que o pesaba. Alí puña 34 quilos (sen pesar o de man) cando o límite era de 20, pero só me cobrou 5 quilos. 6 € cada quilo fan un total de 30 €uriños. En fin, xontaba con que ía ser peor.

Aínda me deu tempo a tomar un cafeciño con Isaac.

Despois, arredor das 8.15 h. embarquei e, atención, primeira anécdota do día. Os membros da benemérita que revisaban e controlaban o acceso (xa sabedes, para ver se pitas…) FALABAN GALEGO!! Debían andara arredor dos 50-60 anos e un deles era do Porriño. Os outros tres metíanse con el (pero cheos de envexa porque ese votaba á casa):
- Cando vas pr’a Terra?
- Non sei, e logo queresde algho dalá?
- Unhas toallas e uns chándals de Valença, que ti es medio portughés.
E aló quedaron rindo.

Ao chegar ao aeroporto de Stuttgart, fun a Información e pregunteille a unha rapaza onde se collía o bus directo a Tübingen e díxome que non había. Como? Insistín na pregunta, pero a tipa, (que levaba unha chaqueta cunha insignia de Porsche) non tiña nin idea. Entón fun cara ao Sub-B (é dicir, o tren) e despois de dous transbordos, cheguei a oTübingen. Agardábanme Chistina e Mathias (uns bolseiras axudantes de Iohannes Kabatek). Leváronme no coche até a Facultade e fomos ver a Iohannes. Presentáronme aos que van compartir o despacho comigo José (do Brasil) e Valentina (italiana) todos especialistas en Lingüística hispánica e cun gran dominio da lingua de Nebrija.

Outros dous profesores, velloucos congresistas, tamén se pasaron para saudarme (estes nun portugués bastante aceptábel) e darme a benvida.

Logo fun con Iohannes, Christina e Mathias ver o piso. Non había moito onde escoller e decidín quedara aquí.

Así pois, hoxe, 6 de outubro de 2005 pasarei a miña primeira noite en terras teutonas. Contra o que alguén pensaba, vou durmir baixo teito. De feito, durmirei no “apartamento” onde ficarei, polo menos, até o 30 de marzo de 2006, cando remata oficialmente o Wintersemester. Até entón, estou atado a este lugar de 22 m2 porque xa antes de ir xantar asinei o meu “Mietvertrag” (contrato de aluguer).

O espazo que teño non é moi grande, pero parece tranquilo e está preto da miña facultade.
Fomos xantar a un restaurante italiano que está aquí ao lado, porque o comedor xa estaba pechado.

Logo estivemos facendo uns papeis no despacho para que poida cobrar a bolsa cada mes. Despois fomos á zona vella, fermosísima, e preguntamos que precisaba para abrir unha conta. Como precisaba un papel que non teño, ireino buscar mañá ao concello.
Mañá tamén mercarei unha bici. Todo o mundo anda nelas. As de segunda man seica non son moi caras. Ademais, recomendáronme que non fose moi boa, porque rouban moitas desas. Creo que é o único tema no que hai algo de delincuencia...

Isto é tranquilísimo. Moi bonito, moi chairo, agás a zona vella, á beira do Néckar.
Pasamos toda a tarde Kabatek e mais eu a preguntar por compañías de teléfono para ver se me compensa darme de alta (e así ter internet na casa) ou mercar un móbil de O2 que serve de móbil e tamén de teléfono fixo.

Os prezos da alta en Telekom, carísimos. E é necesario que che poñan eles a liña (se quero internet). Hai outras compañías aínda están a liberarse do monopolio da Telekom. Mañá imos preguntar por unha novidade: conectarse a internet mediante un adaptador na antena de TV. A ver se sae máis barato!!

Cando volvía á casa atopei un supermercado Tengelmann e entrei para mercar algo de froita, uns iogures e unhas ceervexiñas. Por isto de ir enchendo a neveira. Mañá mercarei máis cousiñas: non podo facer unha supercompra porque non teño en qué traela.
Estiven a baleirar as maletas e a instalarme. Aínda me han traer un armario novo. A vaixela non é moi abundante nin homoxénea, pero váleme ben.

Despois de cear fun dar un paseo até o centro e estábase moi ben.
Non vai ningún frío (aínda), de feito eu pasei calor, e dá gusto pasear polas rúas do centro. A xente é moi amábel e educada (mesmo piden permiso para pasar diante de ti na rúa, para sentarse cando están contigo… e formalismos deste tipo. (xa veremos cando haxa confianza.
Volvín á casa e púxenme oír algo de música: João Afonso, Los chicos del coro e unhas BSO que me gravaran hai tempo. É dicir, cousas tranquiliñas para relaxarme e durmir ben.
E así vai todo, un primeiro día moi atarefadiño. Mañá máis!!

Estouno pasando ben, pero xa vos boto en falta. Pasádeo moi ben e sede felices!!
Botádelle un ollo ás fotos que achego.
Biquiños a eito,

29.9.05

NUNCA MÁIS!!

Maniféstate con esta xentiña para salvar os nosos montes.

27.9.05

Pasarei moito frío???


Isto é Tübingen.
A ver, estes son os resultados da quiniela para ver que roupiña levo?
Bañadores 0 - Bufandas 2
Camisetas 8 - Xerseis 5
Toallas de praia 1 - Toallas de ducha 3

etc.

etc.

En fin, a vindeira semana chegarei a Alemaña.

Estades convidadas/os a visitarme cando queirades.

Coidádevos.

Até breve!

Biquiños e apertas

16.9.05

Alá imos!

Boas, camaradas!
Esta noite imos á Coruña para despedir aos Diplomáticos de Monte-Alto como o merecen. Haberá festa e tamén algún encontro cos amigos da Dorna e máis doutras romarías.


13.9.05

Preparadiño para a voda

Sábado fun de voda.
Elegante, non si?
Desexamos dende esta bitácora que os noivos sexan moooooooooooooi felices. Despois, festa rachada e comezar cos preparativos para Alemaña. En fin, non sei cantas cousas poderei levar, pero seguro que teño que facer unha gran selección. Xa vos contarei como van as cousiñas por aló.
Hoxe non teño moita gana de escribir.
Que non vos falte nin a Saúde nin o traballo!

2.8.05

TÜBINGEN willkommen!

Boas. Despois destes días de tensión e nervios, comunícovos que marcho para Tubinga.Vémonos nas rúas, nas festas ou nos bares.
Saúde e até breve!

28.7.05

Marx agarda por min

Boas! Seica vai haber mudanzas na miña vida.
Á espera dos resultados oficiais da vindeira semana, parece que a cidade de Marx agarda por min. Xa vos contarei como saen as cousas, se é certo que comezo a aprender alemán e por onde andarei en outono.
Antes diso, a Selección Galega de Billarda debutará en torneo internacional en Verona.
Apertas e até breve!

18.7.05

Vémonos en Ribeira!

Ola! Desculpade, mais ando moi liado para poder escribir arreo...
Vémonos o 23 na Festa da Dorna.
Ollo: venres toca xoghos de Mar e Cansión de Tasca, sábado xoghos de Terra e dominco día ghrande e conserto...
Até entón!

5.7.05

Lugrís Freire: homenaxeado no Día das Letras Galegas 2006

Boas! Despois dunha intensísima fin de semana (Xermán, desculpa que non escriba aquí todo o que fixen) estiven a traballar no Porriño até domingo ao mediodía, logo fun xogar o Trofeo de verán da billarda a San Cosme de Barreiros, despois fun a Pravia (Asturies) onde estaban dous bos amigos meus, fomos visitar a unha rapaza asturiana a Tineo e, despois de parar a xantar en Mieres o luns, baixamos por León, para tomar algo canda a Laura en Celanova. En fin, bastante ritmo e máis quilómetros para un par de días...
Pois ben, ao chegar á casa e abrir o correo, tiña unha mensaxe onde un dos nosos eruditos comentaba que lle dedicaremos o DLG 2006 ao profesor Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Real Academia Galega.
Velaí o texto completo:
Esta mañá a Academia Galega elixiu como persoeiro das Letras Galegas 2006, o ano do seu centenario, a Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da RAG e presidente da institución entre abril de 1934 e agosto de 1935. A vida de Lugrís, sen dúbida, é de total entrega á construción da Patria da lingua e da Patria-Nación. En Cuba fundou o primeiro xornal escrito integramente en galego a finais do XIX; foi o primeiro que uso o galego en público, nun mitin en Betanzos en 1907 nun acto do sindicato Solidaridad Gallega, do que fora fundador; en 1916 participa na fundación da Irmandade da Fala na Coruña; en 1922 publica a primeira gramática do galego escrita no noso idioma; en 1923 ingresa no glorioso Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal; en 1932, en nome do Partido Galeguista, participa na redacción do anteproxecto de Estatuto de Galicia, e logo no proxecto, etc, etc. Na produción literaria tratou practicamente todos os temas, e coa súa obra teatral inaugurouse o teatro galego en prosa. Benvido sexa o Día das Letras 2006 para este nacionalista-republicano-laico-e-masón.

1.7.05


Con permiso dun meu amigo , déixovos esta fotiño.
"E camiñaremos até Compostela por terras liberadas."
Viva Galiza Ceibe e Socialista!

28.6.05

Galegos e galegas: FRAGA morreu (polo menos politicamente)

Camaradas, FRAGA morreu:

"E camiñaremos até Compostela por terras liberadas."
Viva Galiza Ceibe e Socialista!

27.6.05

festa!!!

acábame de chegar isto:
Ola! As galegas e galegos decidimos que o Fragasurus caese do poder. Celebración XA perante o antigo cárcere de Príncipe (hoxe MARCO)! Mándao.
Bicos.

Manda carallo!!!

Alegrámonos... e é ben triste! Parece mentira ter que alegrarse de que gañen os socialdemocrátas progresistas e rexionalistas...
Estou contento, si, pero iso non implica que non vexa quen nos vai gobernar.
Dáme algo de medo o posíbel clima que se pode crear: que ben estamos agora que non goberna Fraga, que marabilla de persoas... Non nos enganemos son do psoE (hEspañol, de España), non do psG (outro galo cantaría). Agardemos que o que fica do Bloque se comporte e actúe con coherencia.
En fin, Torito presidente, Fraga na oposición e Quintana... que?
Pero como di o dito: "Tudo vale a pena se a alma não é pequena!".
Saúdos solidarios para quen vedes un cambio para mellor (polo menos será menos malo).
Apertas optimistas con visión de futuro...

19.6.05

Será certo?

"Cando espertou, o fragasaurio aínda estaba alí."

18.6.05

15.6.05

Contra ELES todos: LADRILLOS


Este venres, a partir das 15 h. na escalinata da igrexa de Santa María a Maior (Ourense), as REDES ESCARLATA votamos. Votamos para botalos.
Fronte ás chorradas que se escoitan acotío (máis aínda nestas últimas semanas) por parte duns e doutros (que mesmo estarían dispostos a pactar cun partido españolista...) mostrámonos a corpo. Só nós, cos nosos ladrillos para construír, deconstruír e espallar futuro.

Estás convidada/o para a maior acción plástica que se fixo en Galiza.
Xa o sabes! Pásate e pásao!
Lugar: na escalinata da igrexa de Santa María A Maior, Ourense.
- Construción do muro-MURAL, ás 15 h.
- Deconstrución do muro-MURAL e diseminación dos ladrillos, a partir das 19 h.
Anímate!!

1.6.05

Non queremos a súa * bandeira nas nosas vilas...

Quíteno de . Váianse!
Non somos deses...
Por favor, non máis violencia!
Militares: Nunca Máis!

30.5.05


Non no meu nome!