27.2.08

Epístola sobre as eleccións do causante desta bitácora

Benqueridas lectoras desta humilde bitácora:
O vindeiro 9 de Marzo, nas eleccións de España (lembremos que non son municipais nin nacionais), algunhas persoas iremos votar e escolleremos o que consideremos.
A nivel persoal, eu propoño o voto nulo, voto "Mickey Mouse",
voto "Shinchan" ou outro semellante porque "Goberne quen goberne, Galiza non se vende".
Dende logo, creo que nin o BNG nin os outros partidos que se presentan desta volta defenden a independencia de Galiza, unha sociedade máis xusta, a desaparición de ricos e pobres, nin a República Galega... Desta vez eu non votarei o menos malo.
Creo que é importantísimo que vaiamos votar para que se vexa que participamos e cada unha de nós votará o que lle prouguer. Eu, dende logo, non votarei PSOE nin BNG, nin PACMA (pretenden que desaparezan as matanzas do porco e que comamos SÓ vexetais) nin calquera dos outros 15 partidos que se presentan na provincia -até cando esta división artificial?- de Pontevedra, aínda que como se di por aí, tampouco non quero que gañe o PP.
Saúde e Pobo (que é quen máis ordena).
"GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE"

0 comentarios: