En desagravio dos canteiros Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados no 36 por arelaren vivir con dignidade e liberdade.
Caifós escainaron coma lumias acalmadas por escurias dangres
Oreta degranxo repulu escarriou no mouto e nende goreaba
Nende se entalxía xambrear a orela repula no mouto de raula
Samarúa abatida da toa estafeira xarou a oreta repula que escarriou
no mouto de raula
(...)
Encatifo aquives oreta dos imes vixos no curruño do arxina xompaina que
estafaron humáns bixairos.
Reloxios racharon coma farois golpeados por mazas grandes
Auga moi fría naceu no monte e non cantaba
Non se escoitaba escorrer a auga fría no monte escuro
Compañeira silandeira da túa morte foi a auga fría que naceu no monte escuro
(...)
Boto aqui auga dos meus ollos na lembranza do canteiro
compañeiro que mataron homes covardes.
Poema bilingüe (verbo dos arxinas / galego) que Xosé Luis SANTOS CABANAS lle dedicou a Constante Liste, "arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro de estafamio de 1936" (canteiro e tenente de alcalde de Teo, asasinado tamén en 1936).
CONDENAMOS o duplo atentado de Pedre (o do 12 de agosto e o de setembro) contra o monumento dos canteiros cenetistas Francisco Arca e Secundino Bugallo e manifestemos a nosa solidariedade coa Asociación Etnográfica e Ecolóxica de Terra de Montes "Verbo Xido".
TAMÉN condenamos o acto vandálico contra o monumento a Manuel María en Monforte.
Preferimos pensar que non se atentou contra un escritor nacionalista no seu cabodano e que se tratou dun simple acto vandálico contra unha estatua porxente que faría o mesmo se atopara por diante a estatua -se a hai en Monforte- do falanxista Mouro Mariño "Medalla Castelao" da era Fraga.
O segundo cabodano de Manuel María foi lembrado en Monforte de Lemos cun atentado: un grupo de descoñecidos destruíron unha parte do monumento de homenaxe ao poeta, construído e metal e situado nunha céntrica praza da cidade.
O atentado ocorreu na madrugada do domingo pasado e é xa o segundo que sofre o monumento na súa curta vida: foi inaugurado, precisamente, o tres de agosto.
O atentado cinguiuse á peza máis vulnerable do conxunto e, tamén, a de maior poder simbólico: a cadeira baleira que hai fronte á escultura de Manuel María, reflectido polo seu autor, José Antonio Ferrer, sentado arredor dunha mesa, tal e como quedou gravada a súa imaxe na memoria da cidade, onde o poeta foi -ademais de procurador- un famoso libreiro cunha pequena tertulia tras os libros do seu estabelecemento, denominado Xistral.
A cadeira baleira, que agora semella unha banqueta, foi concibida polo seu autor, precisamente, com unha invitación a sentar de novo ante Manuel María como se as súas concorridas tertulias regresasen á cidade.
O primeiro atentado contra o monumento do poeta, vinculado desde a ditadura franquista ás reivindicacións nacionalistas, tivo lugar o dez de agosto, só sete días despois da súa inauguración, á que asistiu a súa viúva, Saleta Goi.
Daquela, o atentando cebouse tamén na cadeira, que apareceu arrincada da súa base.
26.9.06
NON AOS ATENTADOS!
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
1 comentarios:
Nende nos han aghear a lapela dos xebos dangres!
Grandan rabiolos os escurrupeleiros e rangumios.
Enviar um comentário