11.5.06

AGARDÁMOSVOS ALÁ!!



As Redes Escarlata celebran en Lalín, por terceiro ano, as xornadas que naceron co nome "Un debate, mil repúblicas". E un ano máis o nome axústase ao que estas xornadas queren ser, que ten moito que ver co que queremos ser as Redes Escarlata: un espazo virtual e real de intervención, un xeito de pensar, e de actuar, no que se demostra que son falsas as fronteiras fabricadas para separar a política e a cultura. Con iso ten que ver o lema escollido para esta edición de 2006 é "Okupar o saber, okupar o lugar".

Durante este sábado día 13 de maio hanse analizar os máis diversos aspectos, para as Redes Escarlata varias caras dun mesmo proceso, desde os modelos de acción para protexer os espazos naturais contra o encoro de Itoiz, en Nafarroa, até algunhas destacadas propostas de acción social (co colectivo de presos, contra a precariedade laboral, sobre a cuestión do xénero no mundo da cultura). Os colectivos autónomos de varias cidades (Ourense, Barcelona, A Coruña e Compostela) expoñerán tamén o seu labor organizativo e as dificultades ás que se enfrontan nun espazo urbano cada vez
menos aberto á participación.

E precisamente como alternativa á privatización do coñecemento afondaremos nas posibilidades do traballo en rede e do software non sometido á ditadura das grandes compañías informáticas. Nomes coma os de Rober Bass, Rebeca Iglesias, María do Cebreiro, Carlos Dias -e outros ben coñecidos fóra do ámbito nacional- son a garantía dun debate aberto e, desgraciadamente, tantas veces ausente dunha oferta sociocultural coutada por consignas partidarias e por intereses publicitarios. A xenerosidade dos e das participantes abrirán a porta a outra cultura e a outra sociedade posibles.

As Redes Escarlata queren das as grazas a Cooperactiva de Compostela pola súa desinteresada colaboración na posta en marcha deste acontecemento.

Esperamos que todas as persoas interesadas acudan este sábado a Lalín. As xornadas están sempre abertas ao debate e á participación do público.

Moitas grazas.

1 comentarios:

arnoldbrinick42078889 disse...

Get any Desired College Degree, In less then 2 weeks.

Call this number now 24 hours a day 7 days a week (413) 208-3069

Get these Degrees NOW!!!

"BA", "BSc", "MA", "MSc", "MBA", "PHD",

Get everything within 2 weeks.
100% verifiable, this is a real deal

Act now you owe it to your future.

(413) 208-3069 call now 24 hours a day, 7 days a week.